GalegoEspañol
Usuarios rexistrados
Se queres usar este sistema para facer a túa reserva, solicita no Concello ou nas oficinas da Piscina municipal a túa alta como usuario. Os usuarios rexistrados, terán que identificarse co nome de usuario e o contrasinal Fai a túa reserva
No primeiro paso debes elixir a instalación. Cada unha ten condicións distintas de tempo de reserva e de taxas das que se che irá informando durante o proceso. No segundo paso debes escoller o día no que queres facer a reserva. Só se poden elixir 7 días dende a data actual. No terceiro paso debes seleccionar o horario que desexes usar. Aparecerán como "non seleccionables" os tramos horarios xa reservados por outros usuarios, ou nos que a instalación permaneza pechada por outras razóns que se explicarán nese punto. Cada instalación ten unhas condicións particulares á hora de seleccionar o horario, que se che explicaran nese punto. Debes seleccionar tramos horarios consecutivos. Se queres seleccionar varios tramos podes seleccionar o primeiro e o último, e os do medio se seleccionarán automaticamente. No caso de que non sexan consecutivos, o tramo seleccionado en primeiro lugar, deixará de estar seleccionado. Identifícate
Como usuario rexistrado no formulario de arriba á dereita deberás introducir os datos da túa conta. Confirma a túa reserva
Nesta parte do proceso terás que confirmar a reserva da instalación. Revisa ben os datos antes de confirmala. Como abrir a porta da instalación
Para abrir a porta debes facer unha chamada ao número que figura no cartel da porta e esperar a que se corte a chamada. A chamada debes facela co teléfono que fixeches a reserva no caso de non ser un usuario rexistrado, ou ben co teléfono que figura na túa conta se eres un usuario rexistrado. A chamada non ten custe algún, por ser unha "chamada perdida". No caso de ter varias instalacións reservadas á vez, ou en horarios consecutivos poderás escoitar unha locución que che pedirá que teclees un número para abrir unha das portas que tes reservadas. Esta chamada si que ten custe, por non ser unha "chamada perdida". |
Fai a túa reserva en 5 sinxelos pasos
|