Instalacións Deportivas - Concello de Ortigueira
GalegoEspañol
POLÍTICA DE VENDAS

As presentes Condicións Xerais teñen como obxecto a relación entre o Concello de Ortigueira e Vostede relativas a todas as transaccións realizadas a través da páxina web deporte.concellodeortigueira.com.

A reserva para o uso de Instalacións Deportivas debe facerse a través da activación do botón CONFIRMAR que aparece ao final do proceso de reserva da instalación, e expresa a aceptación de todas e cada unha das Condicións Xerais tal e como se amosan na web deporte.concellodeortigueira.com con anterioridade á reserva da instalación. Dende o momento da aceptación, o usuario adquire a condición de Usuario de Instalacións Deportivas do Concello de Ortigueira que se describe nestas Condicións Xerais.

Para realizar calquera reserva de Instalacións Deportivas do Concello de Ortigueira pode elixir algunha das seguintes opcións:
1. Realizar a reserva da Instalación a través da web deporte.concellodeortigueira.com.
2. Realizar a reserva nas instalacións da Piscina Municipal do Concello de Ortigueira.

Os prezos aplicables a cada reserva son os indicados na páxina web na data da reserva, e especificados na Ordenanza Fiscal Nº 17, Reguladora da Taxa por Prestación de Servizos de Piscina e Instalacións Deportivas do Concello de Ortigueira.

As reservas realizadas dende a páxina web se poden pagar só mediante Tarxeta bancaria. No caso de usuarios rexistrados e aboados, realizarán os pagos das reservas realizadas a final de mes con notificación previa do Concello de Ortigueira.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS

As reservas das instalacións poderanse cancelar e solicitar a devolución da taxa correspondente mediante solicitude presentada no Rexistro Xeral do Concello de Ortigueira indicando a razón da cancelación.

Fai a túa reserva en 5 sinxelos pasos
1
Escolle a instalación




2
Elixe o día








3
Selecciona o teu horario





















->
Aviso legal
Política de privacidade
Política de vendas e devolucións