Instalacións Deportivas - Concello de Ortigueira
GalegoEspañol
AVISO LEGAL


TITULARIDADE DO SITIO WEB
En cumprimento da Lei de servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), Lei 34/2002 do 12 de outubro, facilítaselle a seguinte información xeral sobre este sitio web:

Dominio: http://deporte.concellodeortigueira.com

Titular: Excmo. Concello de Ortigueira

Nome comercial: Concello de Ortigueira

Domicilio social: Praza de Isabel II s/n, 15330 Ortigueira. A Coruña. Galicia. España. Unión Europea.

Teléfono: (+34) 981 40 00 00

E-Mail: alberto.balboa@concellodeortigueira.com

CIF: P1506200C.

CONDICIÓNS XERAIS DE UTILIZACIÓN
1. CONDICIÓNS E LIMITACIÓNS DE USO

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA resérvase o dereito de actualizar os contidos da páxina web e eliminalos, así como de limitar e impedir o acceso a estes, xa sexa temporal ou definitivamente, sen previa notificación.

A utilización da presente páxina web atribúe a condición de usuario da páxina web (en diante o Usuario) e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal no momento mesmo en que o Usuario acceda á páxina web.

O Usuario comprométese a utilizar a páxina web, os seus contidos e servizos de conformidade coa lei, co presente Aviso Legal, coas condicións particulares de certos servizos e cos demais avisos, regulamentos de uso e instrucións postos no seu coñecemento, así como coa moral e os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública.

Para ese efecto, o Usuario absterase de utilizar calquera dos servizos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos e lesivos dos dereitos e intereses de terceiros.

2. LIMITACIÓNS DE RESPONSABILIDADE

A reponsabilidad da utilización da información contida na páxina web é do Usuario.

Dispoñibilidade dos servizos

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA non garante que as súas páxinas estean operativas, nin que os seus contidos sexan completos, exactos ou fiables en todo momento. O CONCELLO DE ORTIGUEIRA resérvase o dereito a modificar en calquera momento, sen previo aviso, os contidos deste sitio web e as Condicións Xerais de Acceso.

En caso de efectuar operacións de mantemento, reparación, actualización ou mellora dos servizos, o CONCELLO DE ORTIGUEIRA ten o dereito a suspender temporalmente e sen necesidade de preaviso o acceso ao presente sitio web, así como a reservarse o dereito de prestación ou cancelación dos servizos, sen prexuízo do cal procurará poñelo en coñecemento dos usuarios, sempre que as circunstancias así llo permitan.

Desta forma, exclúese calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de calquera natureza que poidan derivarse da falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do sitio web e dos seus servizos e a utilidade que os usuarios puidesen atribuír ao presente sitio web.

NORMAS DE USO

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA pretende fomentar o coñecemento aberto mediante a cesión para uso público dos contidos e información propiedade ou xerados por esta administración. Desta forma pode atopar dentro do portal web deporte.concellodeortigueira.com contidos liberados ao dominio público. A continuación indícanse os tipos de contido que pode vostede atopar neste portal web sectorial e a licenza de uso á que están sometidos:

Textos

Os textos (excepto onde se indique o contrario) do Portal Web deporte.concellodeortigueira.com están licenciados baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza 2.5 España License.

Vostede é libre de:

1. copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra 2. facer obras derivadas

Baixo as condicións seguintes:

1. Recoñecemento. Debe atribuír este traballo ao Concello de Ortigueira (con enlace). 2. Non comercial. Non pode utilizar esta obra para fins comerciais. 3. Compartir baixo a mesma licenza. Se altera ou transforma esta obra, ou xera unha obra derivada, só pode distribuír a obra xerada baixo unha licenza idéntica a esta.

Ao reutilizar ou distribuír a obra, ten que deixar ben claro os termos da licenza desta obra.

Algunha destas condicións pode non aplicarse se se obtén o permiso do titular dos dereitos de autor.

Nada nesta licenza menoscaba ou restrinxe os dereitos morais do autor.

Outro tipo de contidos

As imaxes, vídeos ou outros contidos que non sexan texto están suxeitos a copyright do seu propietario ou a solicitude de licenza de uso ao Concello, excepto onde se indique o contrario.

Os dereitos derivados de usos lexítimos ou outras limitacións recoñecidas por lei non se ven afectados polo anterior.

Fai a túa reserva en 5 sinxelos pasos
1
Escolle a instalación




2
Elixe o día








3
Selecciona o teu horario





















->
Aviso legal
Política de privacidade
Política de vendas e devolucións